DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 25 de agosto de 2025 Páx. 46520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 31 de xullo de 2025 polo que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/27/2018-RP1 (procedemento de execución forzosa LU-0040-2025).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 6 de maio de 2025, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 2 de decembro de 2019 e do 1 de outubro de 2021, no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/27/2018-RP1 (procedemento de execución forzosa LU-0040-2025).

Ao non poderse realizar a notificación da resolución á persoa interesada con DNI número 36780152Y, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística