Mediante a Orde do 14 de febreiro de 2025 (DOG número 32, do 17 de febreiro), convocáronse procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
De conformidade co establecido nas bases décimo primeira e décimo oitava da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.
Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.
Na súa virtude, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
DISPÓN:
Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas dos corpos de inspectores de educación, do corpo de profesorado de ensino secundario do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, do corpo de profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional e do corpo de mestres (código de procedemento ED001A), as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 1 de agosto de 2025 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos de acceso e ingreso convocados pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (DOG número 32, do 17 de febreiro).
Segundo. Nomear persoal funcionario en prácticas dos corpos de inspectores de educación, do corpo de profesorado de ensino secundario, do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, do corpo de profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional e do corpo de mestres (código de procedemento ED001A), as persoas ás cales lles foi concedido un aprazamento da fase de prácticas no curso académico 2024/25 (DOG núm. 163, do 26 de agosto de 2024) e que se indican no anexo I desta orde.
Terceiro. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2025 ata o 31 de agosto de 2026.
Cuarto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.
Quinto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.
Disposición derradeira única
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todas as medidas e ditar as instrucións que considere oportunas para o correcto desenvolvemento e execución desta orde.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
Relación de persoas con adiamento de fase de prácticas no curso académico 2024/25, e que son nomeadas funcionarios en prácticas
|
DNI/NIE |
Nome e apelidos |
Corpo |
Especialidade |
|
***9147** |
Alba Rozas Arceo |
Profesorado de ensino secundario |
Lingua e Literatura Galega |
|
***0806** |
Alicia Rioboo Vidal |
Profesorado de ensino secundario |
Física e Química |
|
***8578** |
Iván Claudio Fernández Novoa |
Profesorado de ensino secundario |
Tecnoloxía |
|
***7585** |
Santiago Moroño Arenas |
Profesorado de ensino secundario |
Equipamentos Electrónicos |
|
***8679** |
Daniel Cajoto Otero |
Profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional |
Mantemento de vehículos |
