DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 25 de agosto de 2025 Páx. 46472

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 13 de agosto de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), á vista da estimación parcial de dous recursos de alzada presentados fronte á Resolución do 3 de abril de 2024 (DOG núm. 71, do 11 de abril), acorda modificar a dita resolución no seguinte sentido:

Primeiro. A resolución de dous recursos de alzada presentados fronte á Resolución do 3 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos (DOG núm. 71, do 11 de abril), estimou que as preguntas 124 e 139 do primeiro exercicio do proceso selectivo deben ser substituídas polas preguntas de reserva 149 e 150, respectivamente.

Deste xeito, para dar cumprimento ás resolucións dos recursos de alzada sinalados anteriormente, e co obxecto de lle dar explicación, acórdase que as preguntas anuladas do primeiro exercicio son as que se indican a continuación:

– Parte primeira do cuestionario de contido teórico: anúlanse as preguntas 31 e 40. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 142 e 143, respectivamente.

– Parte segunda do cuestionario de contido práctico:

a) Suposto práctico nº 1: anúlanse as preguntas 103 e 105. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 146 e 147, respectivamente.

b) Suposto práctico nº 2: anúlanse as preguntas 124 e 139. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 149 e 150, respectivamente.

– Igualmente, anúlase a pregunta de reserva identificada co número 151, sen que se proceda á súa substitución.

Así mesmo, non se modifica o modelo de respostas correctas publicado coa Resolución do 3 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos (DOG núm. 71, do 11 de abril). En consecuencia, mantense a modificación do modelo inicial no relativo ás preguntas número 69, 94 e 141.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de cincuenta puntos (50 puntos).

Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal do 30 de xaneiro de 2025, estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número total de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Non obstante, de se dar o caso de que o número de aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas netas, sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata acadar a devandita cifra, sempre que obtivesen, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, e de acordo coa cláusula II.1.1.1. da convocatoria, o número total de prazas convocadas ascende a nove (9), xa que non hai aspirantes admitidos pola quenda de promoción interna.

Terceiro. A estimación parcial dos recursos de alzada motivou a realización dunha nova corrección do primeiro exercicio do proceso selectivo, que se realizou na sesión do 28 de xullo de 2025.

Feita a corrección, o número de aspirantes que acadaron o mínimo do 50 % das respostas netas correctas en cada unha das partes foi inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas. En consecuencia, foi preciso aplicar o criterio subsidiario do 40 % de respostas correctas netas en cada unha das partes.

Así, un total de 54 aspirantes acadaron o mínimo do 40 % das respostas correctas en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes. En consecuencia, a nota de corte establécese no número de respostas correctas obtidas pola persoa aspirante que, alcanzando o limiar do 40 % de respostas correctas en cada unha das partes, obtivo a trixésimo sexta mellor puntuación.

Así, a valoración de 50 puntos correspóndese con 67,50 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes e alcanzado o 40 % de respostas correctas en cada parte.

As persoas declaradas aptas teñen unha cualificación distribuída entre os 50 e os 100 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de que o día da publicación da convocatoria do proceso selectivo no DOG estaban en posesión do Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa acreditase a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2025

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal