Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 12 de xaneiro de 2023 (DOG número 14, do 20 de xaneiro), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2023/24 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 14 de agosto de 2023 (DOG número 156, do 18 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2028/29, modificándose mediante a Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 13 de agosto de 2024 (DOG número 160, do 21 de agosto).
De conformidade co artigo 3 da devandita Orde do 12 de xaneiro de 2023, os concertos que se subscriban ou modifiquen mediante esta orde rematarán ao final do curso 2028/29, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento dos capítulos II e III da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.
Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes
1. Modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que para cada centro educativo se especifican.
2. As modificacións a que se refire o número 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2028/29, sen prexuízo das modificacións que, se é o caso, proceda introducir, segundo o previsto no artigo 46 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos e no capítulo III da Orde do 12 de xaneiro de 2023.
Artigo 2. Desestimación de solicitudes
Desestimar as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo realizadas polas titularidades dos centros docentes que se relacionan no anexo II desta orde, considerando que as necesidades educativas da zona correspondente ao centro están satisfeitas e o cumprimento dos demais requisitos que sinala o artigo 6 da Orde do 12 de xaneiro de 2023.
Artigo 3. Formalización do concerto
1. A subscrición do concerto educativo formalizarase nun documento administrativo axustado ao modelo do anexo III da Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2023/24 e seguintes.
2. A modificación do concerto educativo por alteración do número de unidades concertadas formalizarase mediante unha addenda ao documento de formalización do concerto subscrito polo centro.
3. Os documentos serán asinados pola persoa titular do centro privado ou a persoa con representación debidamente acreditada e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 3 da Orde do 5 de xuño de 2024, de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nos departamentos territoriais da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
4. Se a persoa titular do centro non subscribe o documento administrativo de formalización na data en que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.
Artigo 4. Efectos
Esta orde terá efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2025.
Disposición adicional única. Acordos asinados entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado
1. Durante o período de vixencia dos concertos que se aproban mediante esta orde aplicarase o Acordo asinado o día 14 de xuño de 2023 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado, sobre medidas de recolocación do profesorado afectado pola modificación das unidades concertadas.
No curso académico 2025/26, o devandito acordo é de aplicación ao persoal docente en pagamento delegado dos centros docentes privados concertados no curso académico 2024/25 que, como consecuencia da redución do número de unidades aprobada por esta orde, perda o posto de traballo do cal é titular a partir do 31 de agosto de 2025, sempre que a modificación do concerto non sexa imputable á titularidade do centro educativo.
2. Durante a vixencia do actual período de concertos e de conformidade co previsto no número 2 da cláusula sétima do Acordo entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado de Galicia sobre as condicións da xubilación parcial do profesorado en pagamento delegado no curso 2024/2025 e seguintes, manterase a situación das persoas xubiladas parciais ata que acaden os requisitos para solicitar a xubilación total.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
Modificacións realizadas de conformidade cos artigos 8 e 22
da Orde do 12 de xaneiro de 2023
a) Educación Infantil:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15006501 |
CPR Plurilingüe Cristo Rey |
Ferrol |
Coruña (A) |
Incrementar o concerto: 1 unidade 1 |
|
15013497 |
CPR Luís Vives |
Pontedeume |
Coruña (A) |
Suprimir o concerto: 1 unidade |
|
32020631 |
CPR Pablo VI Fátima |
Rúa (A) |
Ourense |
Suprimir o concerto: 1 unidade |
|
36000910 |
CPR Plurilingüe Casa de la Virgen |
Cangas |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade |
|
36000831 |
CPR Plurilingüe Sagrada Familia |
Cangas |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade |
|
36004526 |
CPR Plurilingüe San Narciso |
Marín |
Pontevedra |
Incrementar o concerto: 1 unidade |
|
36018033 |
CPR Plurilingüe Vigo |
Redondela |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade |
|
36011865 |
CPR Quiñones de León |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade |
1: execución da sentenza do TSX de Galicia do 4.6.2025.
b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO):
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15004460 |
CPR Plurilingüe Peñarredonda |
Coruña (A) |
Coruña (A) |
Suprimir o concerto: 1 unidade de EP |
|
15032157 |
CPR Plurilingüe Andaina |
Culleredo |
Coruña (A) |
Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso) |
|
15020489 |
CPR Plurilingüe Montespiño |
Culleredo |
Coruña (A) |
Incrementar o concerto: 1 unidade de EP |
|
15006511 |
CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac |
Ferrol |
Coruña (A) |
Suprimir o concerto: 1 unidade de EP |
|
36000417 |
CPR Plurilingüe San Fermín |
Caldas de Reis |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade de ESO |
|
36011831 |
CPR Plurilingüe Las Acacias |
Vigo |
Pontevedra |
Incrementar o concerto: 1 unidade de EP |
|
36011191 |
CPR Plurilingüe Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade de EP |
c) Educación especial:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15004861 |
CEEPR Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga |
Coruña (A) |
Coruña (A) |
Incrementar o concerto: 1 unidade-psíquicos |
|
15033307 |
CEEPR Lenda Educativa |
Carballo |
Coruña (A) |
Incrementar o concerto: 1 unidade-plurideficientes |
|
36018847 |
CEEPR Juan María |
Nigrán |
Pontevedra |
Incrementar o concerto: 1 unidade-autistas |
|
36025104 |
CEEPR Amencer-Aspace |
Vigo |
Pontevedra |
Incrementar o concerto: 1 unidade-plurideficientes |
d) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15004101 |
CPR Plurilingüe Cristo Rey |
Coruña (A) |
Coruña (A) |
Concertar o 1º curso do ciclo Planta Química (1 unidade) |
|
27006425 |
CPR Seminario Diocesano-San Lorenzo |
Lugo |
Lugo |
Concertar o 1º curso do ciclo Guía no Medio Natural |
|
32008665 |
CPR Plurilingüe Divino Maestro |
Ourense |
Ourense |
Concertar o 1º curso do ciclo Actividades Comerciais (1 unidade) |
e) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15020313 |
EFAG El Piñeiral |
Arzúa |
Coruña (A) |
Concertar o 1º curso do ciclo Hixiene Bucodental (1 unidade) |
|
27006425 |
CPR Seminario Diocesano-San Lorenzo |
Lugo |
Lugo |
Concertar o 2º curso do ciclo Acondicionamento Físico (1 unidade) |
|
36004526 |
CPR Plurilingüe San Narciso |
Marín |
Pontevedra |
Suprimir o concerto do 1º curso do ciclo Ensino e Animación Sociodeportiva |
|
36025165 |
CPR FP Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Concertar o 1º curso do ciclo Administración de Sistemas Informáticos en Rede (1 unidade) |
ANEXO II
Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas
15020431 CPR Agarimo, Arteixo, Coruña (A).
15021974 EFAG Fonteboa, Coristanco, Coruña (A).
15033332 CPR Infórmate, Coruña (A), Coruña (A).
15004009 CPR Plurilingüe Calasancias, Coruña (A), Coruña (A).
15004198 CPR Plurilingüe Hijas de Jesús, Coruña (A), Coruña (A).
15004231 CPR Plurilingüe Karbo, Coruña (A), Coruña (A).
15022000 CPR Plurilingüe Montegrande, Coruña (A), Coruña (A).
15006353 CPR Plurilingüe Jorge Juan, Fene, Coruña (A).
15033320 CPR Infórmate, Ferrol, Coruña (A).
15014520 CPR Plurilingüe Galaxia, Ribeira, Coruña (A).
15021950 CEEPR Aspace, Sada, Coruña (A).
15015241 CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada, Santa Comba, Coruña (A).
15033344 CPR Infórmate, Santiago de Compostela, Coruña (A).
15015482 CPR Plurilingüe Emma, Santiago de Compostela, Coruña (A).
27020914 CPR Paso a Paso Formación, Lugo, Lugo.
27006255 CPR Plurilingüe Divino Maestro, Lugo, Lugo.
27007223 CPR Plurilingüe Real Colegio Padres Escolapios, Monforte de Lemos, Lugo.
32009062 CPR Plurilingüe Cardenal Cisneros, Ourense, Ourense.
32008707 CPR Plurilingüe La Purísima, Ourense, Ourense.
32016728 CPR Plurilingüe Luís Vives, Ourense, Ourense.
32008458 CPR Plurilingüe María Auxiliadora, Ourense, Ourense.
32008616 CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, Ourense, Ourense.
32008513 CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, Ourense, Ourense.
36000351 CPR Plurilingüe Virgen Milagrosa, Bueu, Pontevedra.
36000569 CPR Salesianos A Mercé, Cambados, Pontevedra.
36001008 CPR Plurilingüe Compañía de María, Cangas, Pontevedra.
36016115 CPR Plurilingüe Eduardo Pondal, Cangas, Pontevedra.
36005427 CPR Plurilingüe Lar, Mos, Pontevedra.
36005671 EFAG A Cancela, Neves (As), Pontevedra.
36019815, CEEPR Amencer, Pontevedra, Pontevedra.
36011622 CPR Aloya, Vigo, Pontevedra.
36017031 CEEPR Aceesca, Porriño (O), Pontevedra.
36024392 CPR Aula Estudio, Vigo, Pontevedra.
36011853 CPR Daniel Castelao, Vigo, Pontevedra.
36019116 CPR Estudios Marcote, Vigo, Pontevedra.
36015822 CPR Marcote, Vigo, Pontevedra.
36025244 CPR Nortempo Formación, Vigo, Pontevedra.
36009925 CPR Plurilingüe Amor de Dios, Vigo, Pontevedra.
36014209 CPR Plurilingüe Andersen Augalonga, Vigo, Pontevedra.
36010903 CPR Plurilingüe Apóstol Santiago, Vigo, Pontevedra.
36010976 CPR Plurilingüe Compañía de María, Vigo, Pontevedra.
36011099 CPR Plurilingüe Labor, Vigo, Pontevedra.
36011166 CPR Plurilingüe María Inmaculada, Vigo, Pontevedra.
36011221 CPR Plurilingüe Padre Míguez, Vigo, Pontevedra.
36011351 CPR Plurilingüe San José de Cluny, Vigo, Pontevedra.
36011211 CPR Plurilingüe San Miguel 2, Vigo, Pontevedra.
36011312 CPR San Fermín, Vigo, Pontevedra.
