DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 25 de agosto de 2025 Páx. 46523

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de vixilante ambiental.

Resolución núm. 3465/2024, do 17 de decembro de 2024, e núm. 1824/2025, do 27 de xuño de 2025, do Concello de Arteixo (A Coruña), referente á convocatoria e ás bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de vixilante ambiental.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 130, do 10 de xullo de 2025, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición libre, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira dunha praza de vixilante ambiental.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 14 de xullo de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente