O Pleno do Concello de Mos, na sesión ordinaria realizada o día 28 de xullo de 2025, acordou a aprobación definitiva, polo procedemento de taxación conxunta, do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da obra de humanización da estrada Pereiras-Tameiga, que na súa parte dispositiva establece o seguinte:
Primeiro. Estimar parcialmente a alegación ao proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, presentada por David Campo Rodríguez, en representación de María de la Concepción Rodríguez Álvarez, no referido as persoas titulares do predio número 3 do proxecto (referencia catastral 36033A05400652), facer constar no proxecto que son María de la Concepción Rodríguez Álvarez e Manuel Rodríguez Álvarez, na porcentaxe do 50 % cada un, e desestimar a alegación con respecto á relación de bens e dereitos e valoración efectuada nela polos motivos recollidos no informe emitido polos redactores do proxecto.
Segundo. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta por razón de urbanismo para a execución da obra de humanización da estrada Pereiras-Tameiga, para substituír as persoas propietarias do solo e as taxacións das parcelas nel contidas coa relación concreta e individualizada de bens e dereitos que se van expropiar, así como a valoración das follas de prezo xusto nel incluídas. O acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados (artigo 118.10 da Lei do solo de Galicia).
Terceiro. Publicar esta resolución na forma a que se refire o artigo 21 en relación co artigo 18 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello.
Cuarto. Determinar que a resolución aprobatoria do expediente se lles notificará ás persoas interesadas titulares de bens e dereitos que figuran nel, ao cal se deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva. Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación, as persoas interesadas poderán manifestar, mediante un escrito dirixido ao Concello de Mos, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Concello de Mos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
ANEXO
Relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian:
|
Nº |
Propietario/a actual |
Referencia catastral |
Afección |
Superficie expropiada |
Total |
|
1 |
Rodríguez Álvarez, Manuel Rodríguez Álvarez, María Concepción |
36033A05500104 |
Parcial |
114 |
2.578,76 € |
|
2 |
Rodríguez Álvarez, Manuel |
36033A05400649 |
Parcial |
155 |
286,44 € |
|
3 |
Rodríguez Álvarez, Manuel Rodríguez Álvarez, María Concepción |
36033A05400652 |
Parcial |
275 |
505,20 € |
|
Total |
544 |
3.363,40 € |
|||
Mos, 30 de xullo de 2025
Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa
