De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), notificámoslles, ás persoas que se relacionan no anexo, os acordos de inicio, relativos aos expedientes de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B), (artigo 58 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificado pola Lei 6/2015, do 7 de agosto, que modifica a anterior lei citada e a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).
Segundo o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e a súa constancia, as ditas persoas interesadas deberán comparecer:
No prazo de dez (10) días, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (en diante, BOE).
Na sede deste Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, á norte, A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de transcorrer o devandito prazo, sen que estas persoas comparecesen, entenderemos producida a notificación desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Durante o prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao que ten efectos esta notificación, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e achegar os documentos que consideren oportunos ante este servizo provincial, de acordo co previsto no artigo 64, terceiro parágrafo da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 76 e 82 da LPACAP.
No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.
Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 31 de xullo de 2025
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Nº expediente |
Persoa interesada DNI/NIF/NIE |
Estrada |
|
446/2024-CO |
76328827S |
AC-523, Culleredo (A-6)-Meirama, p.q. 0+900 |
|
479/2024-CO |
33214281G |
AC-546, Negreira (AC-444)-A Pereira (AC-400), p.q. 7+500 |
|
618/2024-CO |
32700882B |
AC-173, Perillo (N-VI)-Mera (AC-163), p.q. 8+300 |
|
633/2024-CO |
32554153E |
AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.q. 13+750 |
|
636/2024-CO |
X0634379Q |
AC-542, Betanzos (AC-840)-Mesón do Vento (N-550), p.q. 18+300 |
|
39/2025-CO |
32718353W |
AC-133, Fene (N-651)-Mugardos, p.q. 1+800 |
|
54/2025-CO |
B70616552 |
AC-261, Lamas (AC-960)-Ponte Sar, p.q. 7+000 |
