No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 173, do 30 de xullo de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir a seguinte praza:
a) Persoal funcionario/a de carreira:
– Denominación: encargado/a de brigada de obras e mantemento municipal.
– Grupo: C1.
– Nivel C.D.: 21.
– Número de prazas: 1.
– Duración do contrato: funcionario/a de carreira.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.
Xove, 4 de agosto de 2025
José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde
