DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 26 de agosto de 2025 Páx. 46799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a xurídico/a de secretaría-intervención da escala de Administración especial (funcionario/a de carreira).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 173, do 30 de xullo de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir a seguinte praza:

a) Persoal funcionario/a de carreira:

– Denominación: técnico/a xurídico/a de secretaría-intervención.

– Grupo: A1.

– Nivel C.D.: 25.

– Número de prazas: 1.

Duración do contrato: funcionario/a de carreira.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 4 de agosto de 2025

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde