Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra nos expedientes sancionadores número PO-00551-O-2025 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade de Pontevedra.
Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 %, na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 5 de agosto de 2025
Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade
Anexo
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-00551-O-2025 5509-DFL |
09362675L |
A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 da LOTT. 13.1.2025; 21.07; A-52; 303,0 |
Art. 140.1 LOTT Art. 197.1 ROTT |
Art. 201.i) ROTT Art. 143.1 LOTT |
4.001 euros |
|
PO-00552-O-2025 5509-DFL |
09362675L |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 13.1.2025; 21.07; A-52; 303,0 |
Art. 140.34 LOTT Art. 197.39 ROTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
|
PO-01479-O-2025 M-7472-KB |
53186959B |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 16.5.2025; 10.53; N-552; 4,61 |
Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f LOTT |
801 euros |
|
PO-03309-O-2024 4112-CFM |
Y5019264B |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 5.10.2024; 10.40; A-55; 18,334 |
Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f LOTT |
801 euros |
