DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 27 de agosto de 2025 Páx. 46912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial do Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 4 de agosto de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/436 modificado.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola.

Concello: Redondela.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

3222609NG3832S0001WG

Descoñecido