DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 27 de agosto de 2025 Páx. 46911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de instalación de apoios na LMTA RED712, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de apoios na LMTA RED712, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, un escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 4 de agosto de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/554-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de apoios na LMTA RED712.

Concello: Mos.

Predio

Reerencia catastral

Titular

1

36033A001002640000SM

Descoñecido

2

36033A001002650000SO

Descoñecido

3

36033A001002760000SS

Descoñecido