DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 27 de agosto de 2025 Páx. 46905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2024/180-1).

Expediente: IN407A 2024/180-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT, RBT, Tribaldes.

Concello: Teo.

Feitos:

1. O día 16 de maio de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada.

O obxecto do proxecto é mellorar a calidade de subministración eléctrica por mor de reclamacións por subtensións presentadas polos clientes do lugar de Tribaldes, na parroquia de Bamonde (Santa María), concello de Teo.

Proxéctase a instalación dun centro de transformación de superficie de 160 kVA de potencia, unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT SNT813 (IN407A 2016/2383-1), procedente da Subestación Santiago, e dúas saídas soterradas en baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT, Tribaldes, asinado o día 3.4.2024 por Javier, Fernandez Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 502 de Ourense; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 15.11.2024.

– BOP: 25.10.2024.

– Xornal La Voz de Galicia: 4.11.2024 (Ed. Santiago).

– Taboleiro de anuncios do concello: con datas 22.10.2024 e 9.1.2025 solicitouse ao Concello de Santiago a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Teo e Augas de Galicia.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 16.5.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1.2.2017), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27.5.2024).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Tribaldes, parroquia de Bamonde (Santa María), concello de Teo, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 635 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no novo apoio nº A9ASV4WI//61 proxectado, tipo C-1000/16, para instalar preto do existente a desmantelar, da LMT SNT813 (IN407A 2016/2383-1), procedente da Subestación Santiago, no que se instalará un interruptor telecontrolado RC, e remate no CTC proxectado. O condutor discorrerá entubado por canalización baixo terra e calzada ata o centro de transformación proxectado.

– CT no lugar de Tribaldes compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

4. Na visita de campo realizada o 20.11.2024 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 de Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso e a ocupación en pleno dominio.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 1 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Teo

LMT, CT, RBT, Tribaldes

Predio

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza

do terreo

Apoio núm./CT.

Superficie (m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Descoñecida

15083B505001550000SW

Pra de lamos

CT

24.98

Rústico

2

Descoñecida

15083B505003620000SM

Quintáns

Apoio

2.0

2.48

7.48

Rústico

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.