Expediente: IN407A 2023/447-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Soterramento da LAMT LAR703 Alvite 3 desde o apoio A4A9HN7E//46-32-A-6 ata o novo centro de transformación 15ACN6.
Concello: A Laracha.
Feitos:
1. O día 12.10.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de substituír un centro de transformación de intemperie que está en mal estado, denominado CT Capilla (15ACN6, expediente 50.969) de 50 kVA de potencia, sito no lugar de Goxán, parroquia de Caión (Santa María do Socorro), concello da Laracha, proxéctase o seu desmantelamento e o do apoio onde está instalado; a instalación dun novo centro de transformación de superficie compacto de tipo prefabricado de 100 kVA, dun tramo soterrado de liña de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT LAR703 Alvite 3 (IN407A 2016/2321-1), procedente da subestación Laracha; e o desmantelamento dun tramo aéreo existente da dita liña.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Soterramento da LAMT LAR703 Alvite 3 desde o apoio A4A9HN7E//46-32-A-6 ata o novo centro de transformación 15ACN6, asinado o día 7.2.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado LE-1010, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 11.3.2024 publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 3.4.2024.
– BOP: 15.3.2024.
– Xornal La Voz de Galicia: 28.3.2024.
– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do 29.4.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Laracha, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 8.5.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27.5.2024).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Goxán, parroquia de Caión (Santa María do Socorro), concello da Laracha, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Desmantelamento do tramo LMTA a 15 kV, en condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº A4A9HN7E//46-32-A-6 existente de formigón, que se substituirá por tipo C-2000/14 fin de liña da LMT LAR703 Alvite 3 (IN407A 2016/2321-1), procedente da subestación Laracha, e remate no apoio nº A45UKJUL//46-32-A-8-CT, que se desmantelará. Desmantelamento do apoio intercalado existente nº A487VHCW//46-32-A-7.
– Regulación do tramo LMTA a 15 kV, de 156 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº A4DM0E55//46-32-A-5 existente e remate no apoio nº 46-32-A-6, que se substituirá.
– LMTS a 15 kV, de 293 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº A4A9HN7E//46-32-A-6, que se substituirá, no cal se instalará un PA/S e se reinstalará o seccionador SXS (15HYJ3) existente, e remate no CTC proxectado. A nova liña proxectada discorrerá canalizada no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de largo e de entre 0,80 e 1,00 metros, instalando entre dous e catro tubos de idénticas características.
– Novo CT Capilla compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 1L+1P. Desmantelamento do CTI Capilla (15ACN6, expediente 50.969) existente de 50 kVA, instalado no apoio nº 46-32-A-8-CT, que se desmantelará.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no dito artigo 13.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 31 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Soterramento da LAMT LAR-703 Alvite 3 desde o apoio A4A9HN7E//46-32-A-6 ata o novo
centro de transformación 15ACN6
Relación de bens e dereitos afectados-concello da Laracha
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/núm. do apoio |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
|
1 |
José Carracedo |
15042A17100012 |
Agra da Porta |
Novo apoio núm. 46-32-A-6 |
2 |
Labor ou labradío de secaño |
||
|
2 |
Miguel Palleiro Arijón e outros |
1756101NH3915N |
Goxán de Arriba |
CT |
9,82 |
Urbano. Solo sen edificar |
||
