DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 5 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente PEF 2021/11/2014.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselle á persoa interesada que figura no anexo a resolución que se ditou no expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar de Galicia.

O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en Gregorio Hernández, 2, 1º andar, onde a dita persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer para o coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento de vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da notificación, por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 5 de agosto de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

Persoas interesadas

Data da resolución

Efectos da resolución

Expediente PEF 2021/11/2014

78798221Z

12.6.2024

Suspensión temporal de recurso