DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 8 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominado Proxecto técnico para solicitar autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución da construción da rede de gas e a súa adaptación para inxección de biometano á rede RAB-I016 no concello de Curtis, promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2025/1-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Solicitante: Nedgia Galicia, S. A., con CIF A15383284, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: realizar as instalacións de conexión necesarias para inxectar na rede de distribución o biometano que se vai producir nunha planta cuxo titular é Norgiogás Biometano I (Nortegas).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 8 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña