DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto técnico para solicitar autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución da construción da rede de gas e a sús adaptación para inxección de biometano desde Biometanol Galicia, S.A. á rede RAB-I016 no termo municipal de Curtis, promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2025/2-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Solicitante: Nedgia, S.A., con CIF A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: realizar as instalacións de conexión necesarias para inxectar na rede de distribución o biometano que se vai producir nunha planta cuxo titular é Bioetanol Galicia, S.A.

Características técnicas:

As instalacións atópanse no polígono industrial de Teixeiro, concello de Curtis, e as súas características técnicas principais son as seguintes:

– Módulo de inxección situado na parcela de referencia catastral 9488506NH7798N0001BU da empresa Bioetanol Galicia, S.A. O módulo estará constituído polas seguintes salas:

• Sala de regulación e medida en que se realizarán as seguintes operacións sobre o biometano: aceptación ou rexeitamento, filtrado, regulación da presión, medida, odorización e análise.

• Sala de control, en que están os equipamentos de alimentación eléctrica, comunicacións e control.

– Rede de gas natural en aceiro 4” (45 m) en MOP (máxima presión de operación) 49,5 bares, cuxa conexión inicial será a parcela de referencia catastral 9488506NH7798N0001BU e cuxo final será a rede existente RAB-016 en aceiro 6” MOP 49,5 bares (autorizado pola Resolución da Dirección Xeral de Industria do 7 de setembro de 2001, DOG do 14 de setembro).

– Na rede de gas natural instalaranse catro válvulas de seccionamento.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 12 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña