De conformidade coa claúsula décima das bases que rexen o proceso de selección para cubrir unha praza de oficial/operario de servizos varios, iluminación, incluída na oferta de emprego público do Concello de Nigrán para o ano 2022, publícase o nomeamento como funcionario de carreira do aspirante proposto polo tribunal, Antonio González García, tras superar o proceso selectivo convocado para o efecto, de conformidade coa Resolución da Alcaldía do 24 de xullo de 2025.
A persoa nomeada deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Nigrán, 28 de xullo de 2025
Juan Antonio González Pérez
Alcalde
