No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 141, do 28 de xullo de 2025, publicáronse as bases íntegras do citado proceso selectivo para cubrir un posto de traballo de arquitecto/a técnico/a mediante concurso ordinario de méritos.
O prazo de presentación de instancias será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.
Nigrán, 31 de xullo de 2025
Juan Antonio González Pérez
Alcalde
