Na Resolución da Alcaldía 2025-0560, do 16 de xullo de 2025, aprobáronse as bases e a convocatoria para a provisión dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 143, do 30 de xullo de 2025, publicáronse integramente as bases reguladoras da convocatoria e de selección, en réxime de funcionario de carreira, para cubrir unha praza vacante de arquitecto/a técnico/a do Concello de Pazos de Borbén (oferta de emprego público de 2025), polo procedemento de concurso-oposición, quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Pazos de Borbén, 4 de agosto de 2025
Xosé Luciano Otero Camiña
Alcalde
