De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto para notificar |
Ref. catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1469-2025) Resolución de inicio O.E. do 29.7.2025 |
36043A050007010000JP (polígono 50, parcela 701) |
Sobreiro-Xustáns Ponte Caldelas |
Benito Souto Sabajanes |
|
Orde de execución (exp. 1471-2025) Resolución de inicio O.E. do 29.7.2025 |
36043A050006770000JK (polígono 50, parcela 677) |
Sobreiro-Xustáns Ponte Caldelas |
Celso Diz Sabajanes |
|
Orde de execución (exp. 1472-2025) Resolución de inicio O.E. do 29.7.2025 |
36043A050006760000JO (polígono 50, parcela 676) |
Sobreiro-Xustáns Ponte Caldelas |
José Souto Lusquiños |
|
Orde de execución (exp. 1473-2025) Resolución de inicio O.E. do 29.7.2025 |
36043A021002220000JO (polígono 21, parcela 222) |
Sobreiro-Xustáns Ponte Caldelas |
María Diz Diz |
|
Orde de execución (exp. 1438-2025) Resolución de inicio O.E. do 28.7.2025 |
36043A049002290000JA -36043A049002290001KS (polígono 49, parcela 229) |
Chan do Casal-Xustáns Ponte Caldelas |
Daniel Tourón Tourón |
|
Orde de execución (exp. 1491-2025) Resolución de inicio O.E. do 29.7.2025 |
36043A008002260000JO (polígono 8, parcela 226) |
Forzáns Ponte Caldelas |
En investigación |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, para cuxo fin se lles comunica que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resultase infructuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, lle posibilita a este concello a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, coa repercusión dos custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 30 de xullo de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
