DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 29 de agosto de 2025 Páx. 47342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a imposición da primeira multa coercitiva no expediente sancionador REC-LU-0004/2023-AGR.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 7 de agosto de 2025

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: REC-LU-0004/2023-AGR.

NIF do/da interesado/a: 33312161L.

Acto notificado: primeira multa coercitiva.