DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 29 de agosto de 2025 Páx. 47341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de información pública da declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente 2023/325-ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a información pública da declaración de utilidade pública relativa á instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 8 de agosto de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Reforma CT 12742 Fab. mobles

(Concello de Guitiriz)

(IN407A 2023/325-ATE)

Núm. predio

Titular proposto

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

LAT sot.

C.T.

Ocupación temporal accesos

2

Descoñecido

125

161

Porto Cando

Prado

23

-

177

3

Descoñecido

125

161

CR Vella-Vista Alegre

Improdutivo

27

11

245