De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas na ala sur do Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
A Coruña, 29 de xullo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2025/3057-1 |
33680116C |
Requirimento da emenda da solicitude |
25.6.2025 |
|
2025/3188-1 |
47354941B |
Requirimento da emenda da solicitude |
2.7.2025 |
|
2025/3300-1 |
Piero Mauricio Heredia Febres |
Requirimento da emenda da solicitude |
10.7.2025 |
