DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 29 de agosto de 2025 Páx. 47321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, polo que se notifica un acto administrativo no procedemento de perda da condición de persoa usuaria do servizo (expediente VI-0000088476).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible efectuar a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, despois dos intentos exixidos no artigo 42 da antedita lei, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo o acto de apertura do trámite de audiencia no procedemento de perda da condición de persoa usuaria do servizo, co número de expediente VI-0000088476.

A persoa interesada, ou a representante debidamente acreditada, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, situadas na avenida Fernando de Casas Novoa, 35, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase realizada para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación por comparecencia, para presentar as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Persoa interesada

Expediente

Acto notificado

Data do acto

53859554V

VI-0000088476

Apertura do trámite de audiencia

9.6.2025