DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 29 de agosto de 2025 Páx. 47329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental cos correspondentes planos e orzamento, para a ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Olveiro, número 26, situada no concello de Carballo (A Coruña), promovida por Construcciones López Cao, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), e no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), tendo en conta os artigos 27 e 32 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

ACORDA:

Someter ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, cos correspondentes planos e orzamento, para a ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Olveiro, número 26, situada no concello de Carballo, provincia da Coruña, promovida pola sociedade Construcciones López Cao, S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións formularanse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 6 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña