DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 29 de agosto de 2025 Páx. 47326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cerdido (expediente IN407A 2024/140-1).

Expediente: IN407A 2024/140-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Díaz (Cerdido).

Termo municipal: Cerdido.

1. Características técnicas:

As instalacións atópanse nos lugares de Díaz e O Freis, no concello de Cerdido, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Instalación de novo CT Rural fin de liña 100 kVA/20 kV con envolvente prefabricada de formigón no lugar de Díaz (Cerdido).

– Desmontaxe do apoio B34BSKGI//78-32 existente e un van en condutor LA110, pertencentes á LMTA MEA803 substituíndoos por un novo apoio tipo C-1000/14 e un novo van de 168 m en condutor LA-110. Retensado de van adxacente en condutor LA-110 e instalación dun interruptor telecontrolado no apoio proxectado.

– PAS no apoio C-1000/14 proxectado e tendido de 486 m de condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150) ata o CT proxectado.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 6 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Cerdido.
Expediente IN407A 2024/140-1

Núm. parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Apoio núm.

m2

2

Coto de Díaz 15025A049000700000BU

Rústico agrario

César Piñeiro Fraga

CT

20,68