Mediante decretos da Concellería de Medio Ambiente e Axenda 2030, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro adxunto.
De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto primeiro do presente artigo ou ben, tras ser intentada a notificación, non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Nel porase en coñecemento da persoa interesada que o contido íntegro do mencionado decreto se encontra á súa disposición no departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación enténdese producida, e poderá a persoa interesada interpor os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este sexa resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.
Así mesmo, poderá interpor calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.
|
Nº de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
2197/2023 |
En investigación |
36054A024006800000EH |
|
2021/2024 |
En investigación |
36054A003003940000EH |
|
2607/2023 |
En investigación |
36054C517022000000DZ |
Tomiño, 4 de agosto de 2025
A alcadesa
P.D. (Acordo do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030
