DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 29 de agosto de 2025 Páx. 47358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da segunda convocatoria do proceso selectivo para a provisión, pola quenda reservada a persoas discapacitadas, dunha praza de traballador/a social, incluída na oferta de emprego público para o ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 136, do 18 de xullo de 2025, foi publicado o anuncio da resolución pola que se convoca novamente a provisión en propiedade da praza vacante deste concello coas seguintes características:

– 1 (unha) praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2 de clasificación, denominada traballador/a social.

Sistema selectivo: oposición en quenda reservada a persoas discapacitadas.

As bases que van rexer a convocatoria foron publicadas integramente no BOP número 104, do 30.5.2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 28 de xullo de 2025

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde