Ao non ser posible efectuar a comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa coa finalidade de que, no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas no procedemento efectúan a xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como a retirada de especies arbóreas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das anteditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no segundo piso do edificio do concello, praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Localización |
|
2025/I004/000038 |
15036A009006950000YS |
O Botarixo (Magalofes, Fene) |
Fene, 5 de agosto de 2025
Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa
