DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 1 de setembro de 2025 Páx. 47593

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO do 6 de agosto da Orde do 4 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2025/26 (código de procedemento ED301I).

BDNS (Identif.): 853706.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/853706

Primeiro. Beneficiarios

Serán beneficiarios os centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia. Os centros con unidades concertadas de educación especial unicamente poderán optar ás axudas para a finalidade prevista no artigo 4.2 da orde. Quedan excluídos destas axudas os centros concertados específicos de educación especial.

Segundo. Obxecto

1. As axudas teñen por obxecto atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nas correspondentes unidades concertadas, entendendo por este aquel alumnado que requira determinados apoios e atencións específicas derivadas de discapacidade motora, sensorial, intelectual ou trastornos xeneralizados do desenvolvemento e da conduta, naqueles aspectos que non estean xa cubertos polo concerto educativo, ao longo do curso escolar 2025/26.

2. As axudas poderán empregarse para os fins de contratación de persoal complementario, reparacións, mantemento e obras ou instalacións menores de contía non superior ao 15 por cento da axuda, compra de material específico ordinario non inventariable e adquisición de material específico inventariable.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2025/26 (código de procedemento ED301I).

Cuarto. Importe

1. As axudas económicas para os niveis de educación infantil, de primaria e de educación secundaria obrigatoria tramitaranse con cargo á partida orzamentaria 07.05.422A.482.3, por unha contía total máxima de 95.845,00 euros para o período de setembro a decembro do ano 2025 e de 191.689,00 euros para o período de xaneiro a xuño de 2026.

2. Para o nivel de formación profesional, incluída a formación profesional básica, tramitaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.422M.482.3, por unha contía total máxima de 4.155,00 euros para o período de setembro a decembro do ano 2025 e de 8.311,00 euros para o período de xaneiro a xuño de 2026.

En ambos os casos as dotacións irán destinadas ao seguinte:

– Contratación de persoal complementario: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico/a educativo/a, psicólogo/a, pedagogo/a, traballador/a social, educador/a social, intérprete de lingua de signos e coidador/a.

– Reparacións, mantemento e obras ou instalacións menores, de contía non superior ao 15 por cento da axuda.

– Compra de material específico ordinario non inventariable.

3. A adquisición de material inventariable específico para a atención do alumnado con necesidades de apoio educativo tramitarase con cargo ás partidas orzamentarias:

– 07.05.422A.780.0, para os niveis de educación infantil, de primaria e de educación secundaria obrigatoria, por unha contía total máxima de 47.922,00 euros para o período de setembro a decembro do ano 2025 e de 95.844,00 euros para o período de xaneiro a xuño de 2026.

– 07.05.422M.780.0, para o nivel de formación profesional, incluída a formación profesional básica, unha contía total máxima de 2.078,00 euros para o período de setembro a decembro do ano 2025 e de 4.156,00 euros para o período de xaneiro a xuño de 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional