DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 1 de setembro de 2025 Páx. 47684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2023/400-1, no concello de Malpica de Bergantiños.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Seiruga, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/400-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 11 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/400-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Seiruga.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Predio

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

19

874

Descoñecida

26.8.2025

6

19

900

Descoñecida

26.8.2025

9

19

872

Manuel Cousillas

26.8.2025

10

19

859

José Ignacio Ordóñez Cousillas

26.8.2025

13

19

711

María Cancela Doldán e María del Carmen Veiga Cancela

26.8.2025

14

19

639

José Ignacio Ordóñez Cousillas

26.8.2025

16

19

635

Herdeiros de José Novo Souto

26.8.2025

17

19

647

Gloria e José Antonio Pouso Mesura

26.8.2025

19

19

645

Gerardo Castro Rey

26.8.2025