DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 1 de setembro de 2025 Páx. 47686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/428-1, no concello de Ames.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios A5EX0LET//6 (13130582) e A5DELLOV//7 (13130583) por fin da súa vida útil na LAMT 20 kV SNT827 Biduído-Ponte Espiño 27, no concello de Ames (expediente IN407A 2023/428-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 12 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/428-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios A5EX0LET//6 (13130582) e A5DELLOV//7 (13130583) por fin da súa vida útil na LAMT 20 kV SNT827 Biduído-Ponte Espiño 27.

Concello: Ames.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

2

Tercedeira

15002A508003280000BI

María Raña Costoya

21.10.25

12.15