DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 1 de setembro de 2025 Páx. 47710

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Morrazo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir a praza de xerente e de técnico/a auxiliar de ambiente incluídas na oferta de emprego público.

Mediante a Resolución da Presidencia núm. 2025/0055, con data do 10.7.2025, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas de xerente e de técnica/o auxiliar de ambiente vacantes nesta mancomunidade, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 143, con data do 30.7.2025, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición, das prazas vacantes obxecto da convocatoria, cuxas características son:

Denominación da praza

Grupo

Clasificación

Número

Sistema de acceso

Xerente

A2

Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio

1

Concurso-oposición

Técnica/o auxiliar de ambiente

C1

Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar

1

Concurso-oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica desta mancomunidade:

https://mancomunidadedomorrazo.sedelectronica.gal/info.0

Cangas, 5 de agosto de 2025

Araceli Gestido Rodríguez
Presidenta da Mancomunidade de Concellos do Morrazo