Mediante o Decreto da Alcaldía do Concello de Ourense número 2025005900, do 1 de agosto de 2025, aprobáronse as bases e convocatoria para a provisión, en libre designación, do posto denominado coordinador/a xeral da Administración municipal do concello de Ourense. O citado decreto e as bases correspondentes publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 149, do 6 de agosto de 2025.
As bases reguladoras do proceso selectivo poden consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense na seguinte ligazón:
https://ourense.gal/media/filer_public/dc/26/dc26697c-1d63-4a1c-bc60-dccdda3d38d2/anuncio_proceso_selectivo_coordinador_xeral_gl.pdf
O que se fai público advertindo que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Non se poderán interpoñer simultaneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue procedente.
Ourense, 6 de agosto de 2025
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
