Mediante o Decreto da Alcaldía do Concello de Ourense número 2025005214, do 2 de xullo de 2025, aprobáronse as bases e convocatoria para a provisión, en comisión de servizos, polo prazo dun ano (salvo provisión definitiva) prorrogable por outro máis, do posto número 22 da RPT vixente, denominado xefe/a do Servizo de Recursos Humanos. O citado decreto e as bases correspondentes publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 136, do 17 de xullo de 2025.
As bases reguladoras do proceso selectivo poden consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense na seguinte ligazón:
anuncio_aprobacion_bases_y_convocatoria_puesto_jefe_servicio_de_recursos_humanos_532230888601609923_es.pdf
O que se fai público advertindo que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Non se poderán interpoñer simultaneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue procedente.
Ourense, 17 de xullo de 2025
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
