DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 1 de setembro de 2025 Páx. 47707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle.

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o 31 de xullo de 2025, aprobou definitivamente o estudo de detalle para a ordenación do volume edificable sobre as parcelas con referencia catastral 5882015NJ6158S, 5882016NJ6158S, 5882023NJ6158S e 5882022NJ6158S, afectas á ordenanza número 6 do Plan xeral de ordenación municipal de Narón, aprobado inicialmente (PXOM-2024), sito entre a rúa Ortega y Gasset, estrada AC-566 e rúa Álvaro Paradela, elaborado por ENTYL, S.L. e asinado o 9 de xuño de 2025 polo arquitecto Luis Felipe Cabezas Torrelo (COAG 3164), promovido por Vego Supermercados, S.A.U., en representación de José Manuel Mata Fernández e Deogracias Mata Fernández.

O contido íntegro do documento aprobado, debidamente dilixenciado, poderá consultarse a través da seguinte ligazón da sede electrónica do Concello de Narón: https://sedeelectronica.naron.es/opensiac/action/consultadocumentos?id=1574511&hash=20e5cb211d00872af79a2702329601db68d0bf6d36b5d8d48a735bc86ab6a692

Contra este acordo, con carácter de disposición normativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da LSG e 201.1 do RLSG) no prazo máximo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da última publicación, que será no Boletín Oficial da provincia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdiccón contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Narón, 26 de agosto de 2025

Manuel Antonio Ramos Rodríguez
Alcalde accidental