Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/ 2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras), situadas na rúa do Concello, núm. 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Núm. expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Propietario |
Liquidación provisional € |
|
1485307C |
6596805NH4869N0001QR |
Cabana |
Descoñecido |
245,31 € |
|
1485320W |
6596806NH4869N0001PR |
Cabana |
José Seijas |
360,68 € |
|
1485331K |
6596807NH4869N0001LR |
Cabana |
Manuel Martínez |
417,18 € |
Culleredo, 11 de agosto de 2025
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente
