No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 195, do 26 de agosto de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para cubrir, como persoal laboral fixo, unha praza de encargado/a de obras, grupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre, incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2023.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.
Cervo, 26 de agosto de 2025
María Dolores García Caramés
Alcaldesa
