Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, en dúas prazas da escala técnica de especialistas (subescala medios audiovisuais), subgrupo C1, vacantes na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocada pola Resolución do 14 de setembro de 2023 (DOG do 22 de setembro).
Unha vez verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.
De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear funcionarios de carreira da escala técnica de especialistas (subescala medios audiovisuais), subgrupo C1, da Universidade da Coruña, os aspirantes aprobados polo sistema de quenda libre que se relacionan no anexo.
Segundo. Para adquiriren a condición de funcionario de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 31 de xullo de 2025
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerenta da Universidade da Coruña
ANEXO
Escala técnica de especialistas (subescala medios audiovisuais), subgrupo C1
| DNI | Apelidos e nome | Fase oposición | Fase concurso | Total | 
| ***7021** | Bujía Rilo, Miguel Ángel | 55,00 | 24,56 | 79,56 | 
| ***4790** | Fernández Pena, Pablo | 56,80 | 11,36 | 68,16 | 

