DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 2 de setembro de 2025 Páx. 47728

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 25 de agosto de 2025 pola que se amplía o crédito para os procedementos PE120B e PE120E da Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se convocan para o ano 2025 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C e PE120E).

BDNS (Identif.): 806359.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/806359

Primeiro. Ampliación de crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para o financiamento das axudas previstas na Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e se convocan para o ano 2025 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C e PE120E), en concreto para os procedementos:

– PE120B nunha contía de 3.673.442,99 €, con cargo á aplicación 16.02.723A.770.3 (código de proxecto 2024.00147) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, polo que o importe total da convocatoria de 2025 para o procedemento PE120B sen aumento de capacidade ascende a 4.749.636,99 €.

– PE120E nunha contía de 2.315.061,44 €, con cargo á aplicación 16.02.723A.770.5 (código de proxecto 2024.00149) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, polo que o importe total da convocatoria de 2025 para o procedemento PE120E ascende a 3.038.172,44 €.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar