DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 2 de setembro de 2025 Páx. 47811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de agosto de 2025 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente PO-0197-2024.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0197-2024 a persoa interesada con documento nacional de identidade número 36078461V.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2025

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística