DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 2 de setembro de 2025 Páx. 47812

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases do proceso selectivo para cobertura de dúas prazas de oficial de policía local, pola quenda restrinxida de promoción interna.

Mediante a Resolución 2062/2025, do 21 de xullo de 2025, realizouse a convocatoria e bases do proceso selectivo para cobertura de dúas prazas de oficial de policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 141, do 28 de xullo de 2025, publicáronse integramente as bases que deberán rexer a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de dúas prazas de persoal funcionario de carreira do posto de oficial de policía local, mediante procedemento de concurso-oposición, pola quenda restrinxida de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 28 de xullo de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente