De conformidade co disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 31 de xullo de 2025 e logo de tramitarse expediente para o efecto, acordou por maioría absoluta do número legal de membros a modificación de usos da parcela catastral 9853701NG2595S0001TJ, sita en solo clasificado como urbano, dentro do ámbito do PEPCHA, na Baixada ao Embarcadoiro, nº 2, do concello de Tui, equipamento EQ 169-DEP escola deportiva, establecendo como usos dotacionais públicos o cultural, deportivo e de servizos públicos, mantendo a titularidade pública.
Resumo da modificación de usos:
– EQ 169-DEP escola deportiva.
– Parcela referencia catastral: 9853701NG2595S0001TJ.
– Parcela uso: equipamento, ordenanza 10 do PXOM*, uso deportivo. No PEPCHA, ficha 512, uso de servizos públicos.
Aprobada esta modificación de usos, queda do seguinte xeito:
– EQ 169-DEP escola deportiva-centro de interpretación.
– Parcela referencia catastral: 9853701NG2595S0001TJ.
– Parcela uso: equipamento, ordenanza 10 do PXOM*, uso deportivo, cultural e de servizos públicos.
Tamén se acordou que se rectifique o inventario de bens do Concello para os efectos de recoller este cambio de uso, publicar anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, comunicar o acordo, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo para a súa inscrición no Rexistro de Plans Urbanísticos de Galicia, e comunicar ao Catastro e ao Rexistro da Propiedade as modificacións efectuadas.
*Plan xeral de ordenación municipal do concello de Tui (Pontevedra) (PXOM-2011) aprobado definitivamente segundo a Orde do 24 de marzo de 2011, publicada o 7 de abril de 2011 no Diario Oficial de Galicia núm. 69, coa publicación do contido íntegro da normativa e ordenanzas o 18 de abril de 2011 no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPP) núm. 75 e coas correccións de erros publicadas o 12 de xuño de 2012 no BOPP núm. 112 e o 18 de setembro de 2015 no BOPP núm. 181.
Tui, 11 de agosto de 2025
Enrique Cabaleiro González
Alcalde
