DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 2 de setembro de 2025 Páx. 47822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante o Decreto da Alcaldía 2025-2489, do 31 de xullo de 2025, e unha vez rematado o pertinente proceso selectivo, nomeouse a Daniel Rodríguez González, con DNI ***9611**, funcionario de carreira para ocupar a praza vacante do cadro de persoal do Concello do Porriño da categoría de inspector principal da escala executiva e integrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, do grupo de clasificación profesional A, subgrupo A2, incluída na oferta de emprego público do ano 2023, adscribíndoo definitivamente ao posto co código 06.01.00.00 da RPT vixente.

O que se fai público conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

O Porriño, 31 de xullo de 2025

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde