DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 3 de setembro de 2025 Páx. 48006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de agosto de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2025-0015-P, devolta polo servizo de Correos.

Intentada sen efecto a práctica da notificación no domicilio da persoa destinataria que se relaciona no anexo da Resolución do conselleiro de Sanidade, do 27 de xuño de 2025, sobre responsabilidade patrimonial, publícase de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que se comunica á persoa interesada para os efectos do disposto no artigo 46 da mesma lei para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza no lugar indicado no referido anexo, para o coñecemento íntegro do acto.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do seu vencemento.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da dita lei, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade no prazo de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Igualmente, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2025

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: RP-2025-0015-P.

Reclamante: 53481690C.

Último enderezo coñecido: avenida García Barbón, núm. 123, 6º D, 36201 Vigo, Pontevedra.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 27.6.2025, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos sufridos como consecuencia da asistencia sanitaria prestada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.