DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 3 de setembro de 2025 Páx. 48010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de agosto de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de resolución do contrato do lote 11 do expediente 4/2009 e o trámite de audiencia.

O secretario xeral técnico acordou, o 20 de xuño de 2025, o inicio do expediente de resolución e o trámite de audiencia correspondente ao contrato administrativo asinado o 5 de xuño de 2009 entre a Consellería do Medio Rural e a empresa Cotiasa, S.L. para a prestación dos servizos técnicos relativos aos traballos preparatorios necesarios para cada fase do proceso de concentración parcelaria (expediente 4/2009), lote 11: colaboración de servizos técnicos para a realización do proxecto e acordo de concentración das novas leiras na zona de Catoira, situado en Catoira (Pontevedra).

Ao resultar infrutuosa a notificación electrónica deste acordo, emprázase a persoa interesada sinalada no anexo para ser notificada por comparecencia nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, situada no Edificio Administrativo, nº 4, San Caetano, s/n, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela, en que se atopa á súa disposición o texto íntegro do dito acordo, ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A comparecencia deberá realizarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2025

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: 4/2009, lote 11: colaboración de servizos técnicos para a realización do proxecto e acordo de concentración das novas leiras na zona de Catoira, situado en Catoira (Pontevedra).

NIF interesado/a: B36116366.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de resolución do contrato e trámite de audiencia.