DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 3 de setembro de 2025 Páx. 48012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 11 de agosto de 2025 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas no concello de Palas de Rei.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 11 de agosto de 2025, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 96 (recinto 1), 97 (recinto 1), 98 (recinto 1), 99 (recinto 1) e 105 (recinto 2 e 4) do polígono 131 do concello de Palas de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 28 de xullo de 2025.

Lugo, 13 de agosto de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo