En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Regantes Iglecer.
Expediente: DH.A36.108164.
Volume total anual: 22.565,25 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,36 l/s.
Destino: rega.
Orixe: tres (3) mananciais M1, M2 e M3.
M1 en parc. 1790, pol. 40.
M2, M3 en parc. 1602, pol. 40.
Todas do catastro de Marín.
Lugar: Pastoriza.
Parroquia: Ardán.
Concello: Marín.
Descrición:
A auga das captacións reúnese para conducila a depósito 140 m³ en parc. 2012, pol. 40 do que parte rede distribución as parcelas de rega que abastece a comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da Internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 18 de xuño de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
