Mediante a Orde do 20 de febreiro de 2019, convocouse o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro).
Por outra banda, o 1 de agosto de 2023, publícase a Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira, na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Entre os aspirantes propostos, está Sheila Silva Veiga, DNI ***7331**, que con data do 3 de novembro de 2023 toma posesión no posto denominado auxiliar de clínica, código PS.C99.40.800.36560.177, no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes en Vigo (Pontevedra). Con data do 23 de decembro de 2024 foi adscrita ao posto denominado auxiliar de clínica, código PS.C99.40.800.36560.184, no mesmo centro.
Sheila Silva Veiga, con data do 24 de xullo de 2025, solicita a renuncia á condición de funcionaria de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.
O artigo 65 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, contempla como unha das causas da perda da condición de persoal funcionario de carreira a renuncia, que será aceptada sempre que a funcionaria o manifeste por escrito e a mesma non estea suxeita a expediente disciplinario ou sexa ditado na súa contra auto de procesamento ou de apertura de xuízo oral pola comisión dalgún delito, polo tanto,
DISPOÑO:
Aceptar a renuncia á súa condición de funcionaria de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica de Sheila Silva Veiga.
Consonte co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administación de Persoal
